0
Presume de Galicia

Bases do concurso

O Clúster de Turismo de Galicia, con NIF G70377338, e domicilio en Edificio Centro Emprendimento (Coworking), Cidade da Cultura de Galicia, Monte Gaiás s/n. 15707, Santiago de Compostela (A Coruña), inscrita en con o número 2013/017785 Sección 1 do Rexistro Central de Asociacións da Xunta de Galicia,  organiza un CONCURSO que ten como obxectivo premiar as fotografías máis votadas segundo o período de cada concurso, mediante os votos de calquera usuario na web www.presumedegalicia.com.

PARTICIPANTES

Poden concorrer todas as persoas maiores de idade que o desexen, sexa cal for a súa nacionalidade, salvo traballadores de Turismo de Galicia, Clúster de Turismo de Galicia e a empresa ou axencia encargada da xestión da campaña, nesta edición A Catro Mans. A participación neste concurso implica a total aceptación destas bases.

TEMÁTICA

As imaxes presentadas deben estar situadas en Galicia e ter como obxecto destacar a cultura, gastronomía, historia, arquitectura ou costumes do pobo galego. A organización resérvase o dereito de aceptar as obras segundo se axusten ou non á temática exposta e ao posible incumprimento de valores mínimos éticos que poidan ser ofensivos. Non se aceptarán fotografías pornográficas ou que incorran en insultos ou faltas de respecto a persoas ou colectivos.

DURACIÓN E ÁMBITO


A campaña Presume de Galicia ten unha duración ata o 30 de novembro de 2018. Cada concurso terá unha duración dun mes desde que se anuncia o seu inicio, ata que se indica o seu final. Anunciarase a través da páxina web as condicións concretas de cada un. Poderá participar calquera persoa que o desexe, excepto as mencionadas anteriormente no primeiro epígrafe, a condición de que suban a súa fotografía á páxina creada para tal efecto na web www.presumedegalicia.es/www.presumedegalicia.com, e indiquen os datos que alí se lle solicitan. Todos os concursantes deben aceptar as condicións e a política de privacidade no formulario.

ENVÍO DAS FOTOGRAFÍAS

Os concursantes dispoñerán dun período total de varios meses, ata o 29 de novembro de 2018 para subir as súas imaxes á web. As imaxes deben ser da súa propiedade e en ningún caso poden pertencer a terceiros.

Cada mes mostrarase o ránking na web www.presumedegalicia.com. de fotos máis aplaudidas nese período, por exemplo, votos máis votadas polos usuarios en novembro. O concursante que reciba máis votos, en neste caso aplausos, á súa foto, gañará o premio ese mes.  

OBXECTO E DINÁMICA DO CONCURSO

Os concursantes terán cada mes desde que se inicie o concurso a oportunidade de converterse en Presumidores do Mes ao conseguir o maior número de votos nese período (desde que se convoca o concurso ata que finaliza cada mes). Para conseguir votos (aplausos) na web de Presume de Galicia poderán pedir a colaboración de amigos e familiares a través dos botóns de compartir por email ou vía redes sociais a participación no concurso.

Na web mostrarase un ránking mensual a través do cal os concursantes poderán ver como evoluciona a súa participación con respecto ao resto. Se resultan gañadores, recibirán o premio establecido para ese mes.

Para evitar calquera intento de fraude, o sistema de votación da web dispoñerá de medidas de seguridade para ese efecto, en concreto á hora de "aplaudir": Esta acción realizarase desde a vista individual de cada fotografía, picando nunha icona. Non é necesario o rexistro, a acción de aplaudir é libre, aínda que se realizan capturas de datos do usuario para previr fraudes e duplicidade de aplausos. A organización, en caso de detectar condutas fraudulentas, poderá descualificar a fotografía que non reunise os votos dunha maneira adecuada.

En ningún caso o concursante poderá subir a mesma foto varios meses e entrar en concurso. As fotos que resulten premiadas non poderán recibir máis que un premio.

En caso de empate, gañará o concurso o concursante que máis fotos compartise na plataforma e en caso de novo empate, o que subise antes no tempo as súas fotos á web.En ningún caso o concursante poderá subir a mesma foto varios meses e entrar en concurso. As fotos que resulten premiadas non poderán recibir máis que un premio.

En caso de empate, gañará o concurso o concursante que máis fotos compartise na plataforma e en caso de novo empate, o que subise antes no tempo as súas fotos á web.

PREMIOS

Cada mes anunciarase un premio e as condicións do mesmo, que en caso de ser reservas en hoteis, restaurantes ou actividades complementarias sempre estarán suxeitas a dispoñibilidade e a datas concretas de goce. Cada un dos provedores de servizos dará condicións concretas para que o gañador poida gozar do seu premio.

PUBLICACIÓN DAS FOTOGRAFÍAS

Ao longo da fase de votación, as fotografías presentadas poderán ser utilizadas nas diferentes plataformas de difusión dos organizadores co único obxecto de promocionar a fase participativa do concurso. O Clúster de Turismo resérvase o dereito para usar na web, as redes sociais e campañas promocionais de Presume de Galicia, o Clúster de Turismo de Galicia e Turismo de Galicia as imaxes que participen no concurso ou que se suban á web www.presumedegalicia.com.

DEREITOS SOBRE AS FOTOGRAFÍAS

Presume de Galicia e o Clúster de Turismo de Galicia resérvanse o dereito (non exclusivo) para reproducir en soportes informativos e promocionais propios e expoñer de maneira libre calquera das imaxes que os usuarios compartan para os concursos, así mesmo as fotografías que os usuarios compartan voluntariamente nas redes sociais de Presume de Galicia. En ningún caso cederanse a terceiros, salvo autorización expresa do autor. Os participantes responsabilizaranse de que non existan dereitos a terceiros sobre as súas fotografías. Os organizadores comprométense, pola súa banda, a indicar o nome do autor cada vez que a súa imaxe sexa reproducida.


ACEPTACIÓN DAS BASES

A simple participación no concurso implica a aceptación das presentes Bases, polo que a manifestación no sentido de non aceptación da totalidade ou parte das mesmas implicará a exclusión do participante e como consecuencia diso, o Clúster de Turismo de Galicia quedará liberada do cumprimento da obrigación contraída con devandito participante.

PROTECCIÓN DE DATOS

En cumprimento da normativa vixente en materia de protección de datos, Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello de 27 de abril de 2016 (GDPR), Lei Orgánica de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPDCP, 15/99), Regulamento de Desenvolvemento da LOPDCP (Real Decreto, 1720/2007, de 21 de decembro), informámoslle da Política de Protección de Datos Persoais, no que se refire ao tratamento dos datos persoais, pódese consultar na sección Aviso Legal