Galicia é o teu mellor plan este inverno

Chegou o inverno a Galicia pero este non é motivo para desanimarse. E que aos galegos encántanos reunirnos para celebrar as nosas tradicións en boa compañía. Por iso, durante esta época non poden faltar na nosa axenda numerosas festividades e romarías. Únete a nós nalgunha destas marabillosas citas e goza do mellor inverno galego!

A Feira do cocido Lalín

A unha hora da capital galega atópase a localidade de Lalín, famosa a nivel nacional polo seu cocido. E como sucede con algúns dos deliciosos pratos da nosa gastronomía, o cocido de Lalín conta coa súa propia Feira, que leva celebrándose desde 1968 e foi declarada Festa de Interese Turístico Nacional. A celebración ten lugar cada ano o domingo anterior ao de Entroido, polo que este 2018 celebrarase o 4 de febreiro. 

 

 

Entroido en Xinzo, Verín e Laza

O entroido é unha ocasión perfecta para coñecer algunhas das tradicións máis antigas de Galicia. Na provincia de Ourense celébranse algúns dos máis famosos de toda a comunidade. Un exemplo diso, é o entroido de Xinzo de Limia. Este dura case un mes (do 20 de xaneiro ao 18 de febreiro), no que numerosas actividades e desfiles sucédense, tendo a diferentes personaxes como protagonistas. As máis famosas son “As Pantallas”, uns personaxes vestidos de branco con grandes máscaras coloridas e campanillas colgando, que se dedican a perseguir aos homes que non vaian disfrazados.

O entroido en Verín tamén é un dos máis longos do país, contando con 18 días de festexos que dan comezo o 1 de febreiro e que contan coa presenza de “Os Cigarróns”. Estes tamén van vestidos de branco pero levan accesorios multicolores, así como un cinto de cencerros. Do mesmo xeito que as Pantallas de Xinzo, levan máscaras variadas e dedícanse a perseguir aos veciños da localidade.

 

 

Laza é o terceiro municipio que pecha o eixo dos entroidos ourensáns. Neste caso, os protagonistas son “Os Peliquerios”, acompañados dos “Fulións”, que son comparsas musicais dunha trintena de persoas. Os Peliquerios van vestidos cuns traxes similares aos dos Cigarrones, que poden chegar aos 25 quilos de peso. Coa sea zamarra ( fusta) azoutan a quen non van disfrazados mentres que os fulións escorrentan aos malos espíritos co seu alboroto. As festividades comezan co xoves de Comadres e péchanse coa Queima do Aragaño (tamén coñecida como queima da sardiña).

Festa da arribada Baiona

A festa da Arribada é o teu plan ideal se disfurtas mergullándoche na época medieval. Esta festividade conmemora o día en que a carabela Pinta chegou ao porto de Baiona coa noticia do descubrimento de América. Aínda que a data oficial é o 1 de marzo, as celebracións e actos conmemorativos desprázanse ao fin de semana seguinte para que todo o mundo poida asistir aos festexos. A datas escollidas para o 2018 son o 3 e 4 de marzo, durante as que se organizarán mercados artesanais, malabares, xograres, así como a reconstrución do relato que Martín Alonso Pinzón e os seus tripulantes fixeron do seu descubrimento en 1943.

 

 

Toda unha experiencia que non che podes perder e que de seguro marabillará a nenos e maiores. O mellor? Disfrázate ao puro estilo medieval e pasear polas rúas ambientadas de Baoina!

Sabor a Lamprea

Do 10 ao 12 e do 17 ao 19 de marzo, o Concello de Padrón organiza unhas xornadas gastronómicas sen igual: a degustación da lamprea. Durante esas datas, esta cidade coruñesa proponche os mellores plans para gozar en familia: desde xornadas divulgativas ata rutas gastronómicas e cursos de cociña deste peixe. Ademais, numerosos restaurantes de Padrón ofrecerán varios menús nos que o prato principal será a afamada lamprea.



 

  Que non che engane o seu aspecto voraz, está para chuparse os dedos!


Non deixes que o frío che encerre en casa e ven a gozar das mellores festas, e convérteche nun presumidor máis de Galicia!