Galicia, un paraíso Cultural

Son moitas as culturas e moitos os pobos que pasaron polo territorio galego, de aí o gran legado cultural que esconde Galicia entre os seus mares e terras. Tradicións ancestrais e arraigadas, castros, arquitectura gótica, románica, barroca ou incluso romana, edificios singulares, faros... inundan cada recuncho de Galicia converténdoa nunha terra cun abanico cultural do máis amplo.

Pero se hai algo que destaca e que é un referente turístico e cultural a nivel mundial son as diversas rutas do Camiño de Santiago que abarcan gran parte do territorio galego e que foron declaradas polo Consello de Europa Primeiro Itinerario Cultural Europeo. Na súa meta atópase un dos principais símbolos patrimoniais de Galicia, a Catedral de Santiago, pero non é o único elemento importante deste territorio senón que nos seus máis de 30.000 núcleos de poboación podemos atopar numerosas igrexas, hórreos, cruceiros, pazos, castelos... moi representativos da cultura galega.

Pero Galicia, non só conta cun amplo patrimonio material, senón que Galicia conta tamén cun riquísimo patrimonio inmaterial, contando cunha exquisita cultura musical, literaria, teatral... e ora que mantén vivos costumes e historias milenarias que mesturan a realidade coa fantasía e que se foi transmitindo xeración tras xeración. E aquí vos mostramos algúns exemplos desta gran cultura.

 

  • Patrimonio Material:


Hórreos de A Merca:

Merca é o pobo de España con maior concentración de Hórreos, nada máis e nada menos que 35, e o segundo de Europa. Antigamente estaban esparexidos por todo o pobo, pero no década do S. XXI decidiuse recolocalos nunha pequena ladeira xunto á cal se creou un parque infantil e unha área de descanso.

 

Pazo de Oca:

Este pazo, pertencente á Casa Ducal de Medinaceli, é coñecido nalgúns casos como o “Versalles Galego” pola amplitude e beleza dos seus xardíns que chaman a perderse nos seus labirintos de boj e de camelias, e nos cales poderás atopar tamén magnolios, arces, tilos... ademais dos estanques divididos por unha ponte e nos que parecen flotar dúas barcas de pedra.

Este monumento de arquitectura pétrea e vexetal permite a visita libre os seus xardíns e ademais conta con visitas guiadas ao interior da edificación.

 

 

Castelo de Pambre:

Próximo ao Camiño de Santiago e ao río de Pambre en Palas de Rei, atópase este Castelo rodeado por unha muralla defensiva de ata 5 metros de espesor nalgunhas zonas. É unha das mellores mostras de arquitectura medieval militar en Galicia, e unha das poucas que se mantén en pé. Atópase protexido polo real decreto do 22 de abril de 1949 e pola lei sobre o Patrimonio Histórico Español de 1985.

Fai uns anos comezouse a súa restauración e actualmente atópase aberto ao público con visitas guiadas nas que poderás recorrer os diferentes elementos e espazos: a muralla, a torre do homenaxe, o hórreo, a capela e o centro de interpretación.

 

  • Literatura:


Rosalía de Castro:

Poetisa e novelista española que escribiu tanto en galego como en castelán, é considerada un dos grandes poetas da literatura española do século XIX e representa unha das figuras emblemáticas do Rexurdimento galego. Ademais é considerada unha das precursoras da poesía española moderna.

En padrón, na casa da matanza na que viviu e morreu, atópase hoxe en día a súa Casa-Museo, que dende a súa inauguración converteuse nun dos principais epicentros culturais de Galicia.

 

 

Ramón María del Valle-Inclán:

Narrador e dramaturgo, considéraselle xunto con Federico García Lorca o mellor dramaturgo da Idade de Prata da literatura española. Destacou en tódolos xéneros que cultivou (poesía, teatro, ensaio, periodismo...) e foi un modernista de primeira hora que satirizou a sociedade española da súa época.

Na “Casa do Cuadrante”, en Vilanova de Arousa, atópase a súa Casa-Museo onde podemos atopar principalmente coleccións de tipo bibliográfico e documental.

 

Castelao:

Político, escritor e pintor español considerado representante do nacionalismo galego de signo progresista, chegou a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX.

En 1964 homenaxéaselle co segundo Día das Letras Galegas e en decembro de 2011 a Xunta de Galicia declarou a súa obra como Ben de Interese Cultural inmaterial.

 

 Camilo José Cela:

Escritor e académico español, narrador de viaxes, investigador e experimentador co idioma. Autor de novelas determinantes na evolución da narrativa española como A familia de Pascual Duarte ou A Colmea; foi galardoado co Premio Nobel da Literatura en 1989 e co Premio Cervantes en 1995. Cultivou tódolos xéneros literarios ata alcanzar un total de 120 títulos publicados en vida.

A Fundación Pública Galega Camilo José Cela ten a súa sede en Iria Flavia, onde se atopa o seu legado literario e artístico.

 

  • Cultura Oral (Lendas):


Santa Compaña:

É unha das lendas máis estendidas de Galicia, tamén coñecida como a procesión das ánimas, aviva o terror tanto en nenos como en camiñantes e pastores. Nela se menciona a aparición dun grupo de almas en pena vestidas con túnicas negras con capucha que vagan durante a noite e que levan nas súas mans unha vela e unha pequena campá. Diante de todo vai unha persoa viva que leva nas súas mans unha cruz e un caldeiro con auga bendita, esta persoa durante o día non recorda o ocorrido pero a súa posición na procesión indica que morrerá poucos días despois.

Desta lenda existen moitas versións, pero no que están de acordo é na maneira de sobrevivir a elas. Se te atopas coa Santa Compaña nas máxicas terras galegas debes realizar un círculo e introducirte nel ou deitarte boca abaixo para sobrevivir a ela.

 

 Diantre/Diaño:

É un trasgo burlón que baixo múltiples aparencias, aínda que sempre semellando que precisa axuda, dedícase a facer todo tipo de travesuras para entorpecer o viaxe de todo aquel co que se atopa. Entre as súas travesuras cabe destacar a do burro branco que se ofrece ao camiñante como montura e unha vez montado empeza a crecer e crecer ou a do cabalo que despois dunha galopada infernal volve ao punto no que comezou o camiño.

 

A noite de San Xoán:

Nesta noite mestúranse ritos e tradicións, crenzas e supersticións. Conta a lenda que cando se oculta o sol o 23 de xuño as “lareiras” das bruxas convértense en improvisados laboratorios como preámbulo do seu voo nocturno. De ahí que en tódolos lugares de Galicia acéndase unha fogueira como símbolo purificador e protector para que cando o fogo se converta en brasas saltalo ao grito de “Meigas fóra” para afastar os males que se aveciñan.

 

 

Estes son só algúns dos elementos patrimoniais de Galicia que hoxe decidimos achegarche desde o noso blog, pero hai moitísimos máis que che convidamos a descubrir nesta incrible terra, porque unha vez que a coñezas... Non poderás deixar de Presumir de Galicia!