Presume de Galicia… presume de blog!

Presume de Galicia non para de crecer! Cada día son máis e máis as persoas que presumen de Galicia, e queremos celebralo coa apertura dun novo blog no que compartir experiencias con toda a comunidade de Presumidores. Pero isto non se acaba aquí! Tal e como levamos tempo anunciando nas nosas redes, avecíñanse novos cambiosmáis melloras e moitas novidades que axudarán a converter a nosa comunidade nun lugar máis grande e mellor, e coas que esperamos poder dar as grazas aos usuarios que día a día comparten as súas fotos presumindo de Galicia por seguir aí, apostando por Galicia, e demostrando o orgullosos que senten de ser parte e de presumir da nosa terra.

Un blog por e para os Presumidores

No noso blog queremos crear un recuncho especial para todos os Presumidores, no que recompilar todas as marabillas que nos ofrece a nosa terra e que moitas veces mesmo os propios galegos descoñecemos; e que sirva como punto de partida para que todas as persoas que nos visitan poidan descubrir, de maneira amena e sinxela, todas as posibilidades que ofrece nosa querida Galicia como destino turístico.

E como Presume de Galicia creádelo vós, os Presumidores, será das vosas suxestións e as vosas imaxes máis compartidas de onde nazan as ideas e as historias para os nosos futuros posts.

Os influencers tamén Presumen de Galicia

Pero as novidades non terminan aquí! Desde esta mesma semana e durante os próximos meses, sumásense á nosa comunidade e á redacción dos nosos posts diferentes influencers e blogguers de Galicia, especialistas en diferentes materias, que nos mostrarán como Presumir de Galicia desde un punto de vista único: o seu propio. Nas próximas liñas presentámosvolos, aínda que estamos seguros de que a moitos... xa os coñecedes!

  • Galicia Máxica, para Presumir de setembro. Os creadores desta importante comunidade online, con gran presenza en redes sociais, contarannos desde o seu post cal é o seu percorrido imprescindible para Presumir de Galicia
  • Un outubro suculento con Guisándome la vida. En outubro, mes gastronómico por excelencia, contaremos coa colaboración de Carmen Albo, creadora do blog de cociña Guisándome a vida, que nos mostrase unha Galicia... para comerlla! 
  • Os segredos da Galicia cultural, con Capítulo Cero. Manuel Gago, artífice do blog referente Capítulo Cero e autor da novela O Anxo Negro, será o encargado de descubrirnos os segredos culturais mellor gardados da nosa terra.

Máis melloras á vista!

Máis aló da posta en marcha deste novo blog, sentímonos orgullosos de anunciar que a nosa páxina web contará, dentro de moi pouco, con melloras significativas que farán tomar ao usuario un papel moito máis protagonista... Porque os Presumidores son o máis importante!

E para animar a todos os Presumidores a seguir subindo as súas fotos favoritas de Galicia á nosa páxina, a partir deste mes Presumir de Galicia... volve ter premio! Nuns día coñeceremos ao gañador de setembro, e pronto, máis premios e sorpresas! Que máis se pode pedir? Participa e gaña unha noite de hotel para dúas persoas nos mellores destinos de Galicia.

Desde agora lémonos no noso blog. Estade atentos, Presumidores! Se aínda non o facedes, non esquezades seguirnos na nosa páxina de Facebook ou no resto das nosas redes sociais para decatarvos de todas as novidades: vémonos Presumindo de Galicia!