0
Presume de Galicia

Premios

Subindo as túas fotos en Presume e Participa  terás a posibilidade de converterte no Presumidor ou Presumidora do Mes, conseguindo a través de aplausos ter a foto e o vídeo máis valorada. Comparte en redes sociais e a través do teu e-mail as imaxes e vídeos cos que concurses e gaña unha experiencia para gozar de Galicia. Ademais, o 30 de novembro anunciaremos ao Superpresumidor (aquel usuario ou usuaria que máis fotos e vídeos subise ata o 29 de novembro) o cal tamén gozará dunha estancia e unha actividade complementaria.


Premio Presumidor do mes 

Estancia dunha noite para dúas persoas en hoteis de 3 e 4 estrelas asociados ao Clúster de Turismo de Galicia, en réxime de aloxamento e almorzo, a elixir entre unha relación de establecementos facilitadas ao gañador ou gañadora en calquera do catro provincias galegas. 

 *Estancia suxeita a dispoñibilidade. A estancia no hotel debe gozarse antes do 1 de xaneiro de 2019. Localizarase ao concursante vía e-mail. No caso de que non responda nos 15 seguintes días á comunicación, considerarase que non está interesado e perderá o premio.

Premio Presumidor do Ano
Estancia dunha noite para dúas persoas en hoteis de 3 e 4 estrelas asociados ao Clúster Turismo de Galicia, en réxime de aloxamento e almorzo, a elixir entre unha relación de establecementos facilitados ao gañador no catro provincias gallesgas e unha actividade complementaria de turismo activo para dúas persoas a gozar tamén en Galicia. 


*Actividade complementaria suxeita a dispoñibilidade. Debe gozarse antes do 1 de xaneiro de 2019. Localizarase ao concursante vía e-mail. No caso de que non responda nos 15 seguintes días á comunicación, considerarase que non está interesado e perderá o premio.



CONSULTA AQUÍ AS BASES LEGAIS DO CONCURSO